A Facultade de Filosofía da USC acolleu o acto de benvida ao alumnado dos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Na presentación da nova edición interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fdez. Freixanes; o director dos cursos e do ILG, o académico Xosé Luís Regueira; o reitor da USC,  Antonio López Díaz; e o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García.