A Facultade de Filosofía da USC acolleu o acto de benvida ao alumnado dos XXXVI Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras”. Na presentación da nova edición interviñeron o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; a directora dos cursos, a académica María López-Sández; a directora do Instituto da Lingua Galega, Elisa Fernández Rei; a vicerreitora de Estudantes, Igualdade, Diversidade e Benestar da USC, Lorena Añón Loureiro; e o Secretario Xeral da Lingua, Valentín García.