A Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela clausuraron os cursos da presente edición. No acto interviñeron Ana Cabada Iglesia, vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, que abriu o acto;  Henrique Monteagudo, Presidente da RAG; a directora do ILG, Elisa Fernández Rei e a directora dos cursos e académica, María López-Sández; o secretario xeral da Lingua, Valentín García;  e mais Esther Martínez Eiras, en representación do profesorado. Ao finalizar as intervencións houbo a entrega de diplomas por niveis, do elemental ao superior.